domingo, 4 de diciembre de 2011

"Escravitude infantil, solución final neoliberal" - Denuncia de Esquerda Unida no caso do buque Lafayette

  • ESQUERDA UNIDA DENUNCIA O ABANDONO DA FISCALÍA PARA PERSEGUIR UN PRESUNTO CASO DE ESCRAVITUDE INFANTIL: "NON CABE CONTEMPLACIÓNS COA SOLUCIÓN FINAL NEOLIBERAL, A ESCRAVITUDE INFANTIL", SINALA YOLANDA DÍAZ
 
  • ESQUERDA UNIDA ESIXE Á FISCALÍA DO ESTADO UNHA ACTITUDE RIGOROSA E QUE EXTREME O CELO NA INVESTIGACIÓN DO PRESUNTO CASO DE ESCRAVITUDE INFANTIL DO BUQUE LAFAYETTE. O ESTUDO DAS CINTAS E UN REXISTRO METICULOSO DO NAVÍO SON AS PRIMEIRAS MEDIDAS A DESENVOLVER PARA ESCLARECER A DENUNCIA PRESENTADA
Esquerda Unida a través da súa Secretaría de Dereitos Civís e Liberdades Democráticas demanda da Fiscalía Xeral do Estado que se practiquen co máximo rigor as investigacións oportunas sobre o navío Lafayette, fondeado en augas canarias, que presuntamente emprega man de obra infantil. É o momento de que a fiscalía corrixe a intervención menor e neglixente que aconteceu en Ferrol, onde a embarcación estivo sendo reparada.

A gravidade dos feitos esixe da fiscalía o extremo do celo e a meticulosidad das investigacións en orde a depurar calquera responsabilidade. Yolanda Díaz, responsable federal da Secretaría, esixe unha actuación pública rigorosa que ten que pasar polo menos polo estudo concienzudo das cintas gravadas en Ferrol e dun rexistro exhaustivo da embarcación.

EU quere resaltar e agradecer o traballo e seguimento que desta causa realizaron particulares e diversas entidades sociais, que se encargaron de dotar de visibilidade a unha denuncia que as autoridades públicas descoidaron. Non cabe deixar pasar impune un posible delito por deixamento ou descoido, hai que ser rigorosos en particular co carácter destas denuncias.

Non se poden asinar tratados e convencións internacionais para a protección dos menores, para logo resten papel mollado cando se denuncian posibles casos de escravitude infantil. É nestes casos é cando todos os esforzos e cautelas están xustificados e non cabe optar polo menor ou o puro deixamento. Estas convértense en complicidade con prácticas e engrenaxes económicas inaceptables, que atentan contra calquera lectura non criminal da convivencia social.

EU reclama pois o desenvolvemento exhaustivo da investigación e o reforzamento da persecución de oficio polas fiscalías de todas e cada unha das denuncias que se presenten. A escravitude infantil -vulneración clamorosa de dereitos humanos- esixe dos poderes públicos do Estado unha beligerancia activa no seu combate. Non pode haber tolerancia algunha coas prácticas máis atroces e degradadas do capitalismo, o facer negocio coa infancia. Esas práctica prodúcense e é imperativo combatelas e castigalas.

Web de Esquerda Unida:
http://www.esquerdaunida.org/


de EsquerdaUnida Ferrol, o Sábado, 3 de decembro de 2011, 19:09

martes, 29 de noviembre de 2011

“DENUNCIAMOS O OPORTUNISMO QUE PIDE NA OPOSICIÓN O QUE NEGA CANDO GOBERNA”

ESQUERDA UNIDA LÉMBRALLE AO CONSELLEIRO DE PRESIDENCIA O COMPROMISO ASUMIDO POLO PP A PROL DA ACADAR UNHA SECCIÓN DA AUDIENCIA PARA A NOSA CIDADE E RECLÁMALLE QUE HONRE AS DEMANDAS DO PP, NAQUELA NA OPOSICIÓN EN FERROL


O Grupo Municipal de Esquerda Unida reclama, diante da visita que realizará o conselleiro de presidencia a nosa cidade esta semana, que a Xunta de Galicia asuma a petición unánime desta cidade de crear unha sección da Audiencia en Ferrol. Atenderíase deste xeito unha demanda unánime dos profesionais da xustiza, que repercutiría de maneira positiva na nosa cidadanía no que fai a exercer os seus dereitos cidadás perante a administración xudicial, cun menor custo económico e de emprego de tempo.

O noso Grupo Municipal – mais tamén o propio Partido Popular – presentaran unha moción encol dunha problemática que deixa a Ferrol no furgón de cola das cidades galegas en materia de xustiza, en canto resulta ser a única urbe galega que non ten unha sección da Audiencia Provincial. Esas mocións concitaran o respaldo de todas as forzas políticas da cidade malia o que hoxendía “seguen a durmir o inxusto soño do oportunismo, aquel que reclama na oposición o que logo non executa no goberno”, sinalou Yolanda Díaz, Voceira do Grupo Municipal de Esquerda Unida. En xaneiro deste ano o pronunciamento claro do Pleno do concello de Ferrol avogaba pola creación dunha sección da Audiencia e polo estabelecemento dun novo xulgado de primeira instancia adicado á familia. A petición da sección da Audiencia aprobárase por unanimidade e a do xulgado de primeira instancia tivo a abstención do PP.

Os compromisos son para cumprir e o partido xudicial de Ferrol adoece dos medios necesarios para acometer a prestación deste servizo público nas condicións idóneas. A notable carga de traballo xerado nesta cidade, as molestias causadas e tempo empregado nos desprazamentos á Coruña son elementos que militan na consecución destas demandas.

Esquerda Unida pídelle á Xunta de Galicia que faga os seus deberes e acade do vindeiro Goberno Central estas dúas demandas que mellorarían de xeito evidente a prestación deste servizo público na nosa cidade.

martes, 8 de noviembre de 2011

EU-Os Verdes propone la ampliación del campus en terrenos militares

El número dos al Congreso por la provincia de a Coruña de la candidatura de EU-Os Verdes, Xosé María Dobarro, adelantó en un encuentro con gente joven de la Universidad la primera iniciativa que tiene pensado desarrollar en el Congreso en materia de Universidad en el próximo mandato: la desafectación de diferentes terrenos militares de Esteiro para ampliar el campus universitario.


Se trataría de utilizar el espacio que ocupa el cuartel de Esteiro, el cuadro pequeño, la residencia militar de oficiales y la parcela del Invifas. Otra de las inquietudes de la gente joven que recogió el candidato fue la referida a la creación de la residencia universitaria pública, una prioridad más de EU-Os Verdes.
En el transcurso de este encuentro, la coalición avanzó las líneas programáticas clave para promulgar una ley de medidas para la extensión y mejora de la educación pública. Así, esta contemplaría un aumento presupuestario de al menos un 1% para dotar de plantillas y recursos pedagógicos a los centros públicos, la constitución de una única red de centros de gestión pública con programación temporal de supresión de los conciertos, afirmación del principio de laicidad, recuperación del poder adquisitivo del profesorado y participación efectiva de la comunidad educativa declarando “deber público inexcusable” la asistencia de padres a las reuniones de los centros.

A Nota de Prensa no Diario de Ferrol

“Merecemos a confianza dos residentes na Coruña para amplificar a nosa voz en Madrid”

Entrevista de Lorena Romero Carballo, para o Diario de Ferrol

Sari Alabau encabeza a lista de EU-Os Verdes ao Senado na provincia da Coruña. Orgullosa polo feito de ser a elixida para o posto, confía na súa experiencia e visión da política e a da súa formación para poder saír da actual crise económica.

As medidas plantexadas polos dous partidos con maior representación en Madrid, PP e PSOE, non son as axeitadas, asegura, polo que fai un chamamento aos votantes para liderar un cambio da man de EU-Os Verdes.

—A actual situación de crise cambia o panorama das vindeiras eleccións. ¿Xogará este factor a favor das propostas de EU-Os Verdes o 20-N?
—Fai falla a implicación de toda a sociedade pero a xente nova é a que ten que forxar o seu porvir e ten que poñerse as pilas e empezar a traballar nese sentido. Hai aí movementos importantes que realmente nos fan ver que existe unha inquietude e unha indignación na sociedade pero que quizáis sexa aínda incipiente. A globalización a nivel económico ten que ter unhas respostas globalizadas porque senón, naturalmente, atopámonos con muros. Pero esa resposta globalizada non se pode artellar por arte de maxia, penso que ten que ser a pasos pequenos e iniciándose para que realmente fructifique. Creo que a moita xente hoxe a paraliza a impotencia e esa impotencia é negativa. O que hai que facer é avanzar e xa se irán sumando e ao final faremos unha marea tan grande que pararemos esa bola enorme que temos diante. Hai que ir neste senso.

—¿Qué ofrece EU-Os Verdes a diferencia doutras formacións?
—Consideramos que a política económica do PP e do PSOE é a mesma, que non hai diferenciación ningunha e realmente o que vemos na actualidade son pelexas que non van a ningunha parte e as propostas verdadeiras non están expresadas. Xa sabemos realmente a que cambios se refiren, a un cambio de políticas neoliberais, acérrimas. Creo que as propostas do programa de EU son realistas, argumentadas e non están sacadas dunha chisteira. O programa de EU reflicte unha serie de preocupacións e estudos de xente autorizada que recoñecen que a saída á crise do xeito no que está plantexada nin é posible nin vai favorecer ás persoas, senón que vai ir en contra delas. Se o 1% das persoas do mundo son as que amasan o 40% da riqueza, realmente a política é para un 1% das persoas e o 99% restante estamos ao marxe das políticas.

—¿Que logros destacaría, ata a data, de EU en Madrid?
—Realmente, no tema da planta de gas, a través dos nosos parlamentarios en Estrasburgo e Madrid fixemos propostas e moitas das sentencias favorables sobre o tema son produto das cuestións plantexadas por EU. Pero a realidade para levalas adiante, coa voz pequena e humilde é complicada.

—¿Como resumiría as liñas básicas do programa electoral de EU-Os Verdes?
—O noso programa electoral ten moito que ver coa nosa comunidade e o noso entorno moi próximo, con temas como o da necesidade de construír o dique flotante. O saneamento da ría estámolo plantexando por activa e pasiva en moitas partes, pero claro, as forzas que temos son as que temos. Nós levamos unha traxectoria de defensa dos intereses da maioría creo que clara e nítida e realmente consideramos que merecemos recibir a confianza, neste caso, dos residentes da provincia da Coruña para que a nosa voz se sinta amplificada en Madrid.
—A escasos días para a xornada de votacións, ¿que lles diría aos indecisos?
—Eu lles diría que realmente eses movementos da indignación teñen que ter uns canles para que iso se faga realidade, porque se o que fan é ampliar a abstención e o desencanto, realmente non estamos conseguindo nada. Salientar que a xente non quede na casa, que non pensen que un voto a unha forza minoritaria é un voto tirado á basura nin moitísimo menos. Hai que dar pasos e a experiencia nos di que os grandes cambios se fan co aporte das grandes masas, da maioría da sociedade, pero iso non é posible da noite á mañá por un milagre.

—¿Cales serían accións prioritarias para EU-Os Verdes unha vez no Goberno central?
—Temos que loitar polo emprego na comarca e no Estado español. É unha necesidade vital e temos unhas propostas totalmente argumentadas e de como sufragalas no noso programa que penso que son totalmente realistas. Evidentemente, na comarca pasan tamén polo dique flotante e unha serie de infraestruturas que fagan posible desenvolver esas políticas de emprego. Tamén están a Sanidade, a Educación e a Lei de Dependencia. Hai centros da Terceira Idade, de día e residenciais que están rematados e non se poñen a funcionar. Iso é moi grave.

—¿Confía en ampliar a actual representación?
—Nós confiamos en que a nosa representación aumente a pesares dos aspectos que temos en contra, como a Lei Electoral.

lunes, 7 de noviembre de 2011

EU ”Na defensa do emprego e do naval”

Onte,6 de novembro Esquerda unida sumouse na concentración ”Na defensa do emprego e do naval”, convocada dende as Centrais Sindicais CIG, CCOO, UXT e USTG.

Na manifestación estiveron presentes @s mariscadores/as, Plataforma na defensa da Sanidade Pública, "Plataforma na Defensa do Ensino Público e de Calidade"  etc..



O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA DEMANDA A CONVOCATORIA URXENTE DUNHA XUNTA DE VOCEIROS PARA RESOLVER O CONFLITO COAS CONFRARÍAS

ESQUERDA UNIDA INSTA AO GOBERNO MUNICIPAL A SER ESIXENTE NA DEFENSA DO EMPREGO E DA RÍA, ISTO É, DO PLAN DE DINAMIZACIÓN


Esquerda Unida rexistrou no día de hoxe unha iniciativa urxente no concello para que se reúna con carácter de urxencia a Xunta de Voceiros coa finalidade de achegar unha postura común dos grupos políticos para resolver ao conflito coas confrarías provocado pola imposición unilateral da Xunta de Galicia de eliminar o plan de dinamización da ría.


Na Xunta de Voceiros previa á celebración do Pleno ordinario de outubro acordouse redactar unha iniciativa conxunta de todos os grupos que permita dar unha saída negociada o conflito mantendo o emprego e condicións asociados ao plan de dinamización.


Esquerda Unida considera indispensable que o Goberno Municipal asuma a defensa dos intereses da cidade, que neste caso son o mantemento do emprego das traballadoras e traballadores do mar e a aceleración do saneamento da ría, que suporía un pulo ao emprego asociado ao sector primario e de servizos. O alcalde non pode permanecer impasible diante da intransixencia da Xunta e ten que defender a nosa cidadanía, aos mariscadores e mariscadoras e as potencias que acubilla a ría. Cómpre lembrar que no Pleno ordinario de outubro o voceiro dos mariscadores anunciou a disposición negociadora do colectivo, que a día de hoxe caeu no saco roto, prepotente e silencioso dun PP embebido nas enquisas.


Para o noso Grupo Municipal semella da meirande urxencia a recuperación dun acordo que permita manter os contidos asociados ao plan de dinamización da ría. A Xunta de Voceiros é o espazo para artellar ese acordo común entre os partidos e as iniciativas asociadas ao mesmo.

sábado, 22 de octubre de 2011

SAÚDE NEGOCIO

Este xoves 27, ás oito da tarde, na praza de Armas, imos saír outra vez ás rúas (como están as cousas hai que saír de cotío) para defender unha sanidade pública universal e gratuíta, a que mal vende a banda neoliberal de Feijóo, que privatiza e rouba dereitos, como o de impedir aos inmigrantes que non teñan acceso á sanidade pública se non levan empadroados 6 meses, que vén denunciar o CES; ou cobrar polas tarxetas sanitarias; ou o repago que espera trala esperada chegada dos bárbaros en novembro:non me invento nada, os de Feijóo teñen imaxinación e intereses abondo, terroríficos eso si. O outro día xa denunciaba a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública a realidade da morte do plan de mellora da atención primaria, que contemplaba crear 60 novas prazas, ou o que é o mesmo, 60 postos de traballo e mellor cobertura sanitaria pública para todas e todos nós; ou a renuncia a investir os 63 millóns comprometidos para reformar o vello Hospital Naval; ou que non se cubran vacantes por xubilación ou incapacidade; mesmo restan sen comezar os centros sanitarios de Ares, A Capela, Cedeira, Narón e As Somozas; ou deixar fóra do plan de alta tecnoloxía a esta área sanitaria ...Tales medidas retratan a caste moral dos capataces que se gañan o seu porvir nos negocios privados mercadeando no entanto coa nosa saúde. Merecen que o desprezo e a indignación que nos provocan se metabolice nun xigantesco non social en novembro.
Traballemos nas rúas para construílo.

http://www.diariodeferrol.com/index.php/opinion/o-debate/30028-vivenda

jueves, 20 de octubre de 2011

ESQUERDA UNIDA RECLAMA A CONSTITUCIÓN DO CONSELLO SECTORIAL DA XUVENTUDE

O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA RECLAMA A CONSTITUCIÓN DO CONSELLO SECTORIAL DA XUVENTUDE

“A ASUNCIÓN DE MAIORES COTAS DE RESPONSABILIDADE E AUTONOMÍA EN RELACIÓN COA VIDA CIDADÁ, O SEU EMPODERAMENTO SOCIAL REQUIREN O FOMENTO DA PARTICIPACIÓN DA XENTE MOZA,” AFIRMA JAVIER GALÁN

O Grupo Municipal de Esquerda Unida reclama a constitución do Consello Municipal da Xuventude ao obxecto de fomentar dende os poderes públicos os procesos de asunción de responsabilidades e involucración na vida cidadá dun sector da nosa sociedade ao que as autoridades municipais adoitan deixar de lado. Aea de Xuventude de EU achegou esta demanda para abrir un espazo social de participación e protagonismo social da xente moza.

Javier Galán afirma a necesidade xeral de avanzar nos procesos de participación cidadá e, xa que logo, un elemento aínda pendente é a constitución do Consello Municipal da Xuventude. Esta reclamación que efectúa Esquerda Unida cobra maior actualidade e importancia diante do xeralizado proceso de deslexitimación das canles tradicionais de representación que se está a experimentar na sociedade e moi en particular entre a xente moza.

Esquerda Unida considera entón necesario abordar unha programación participada que atenda ás necesidades, moitas e apremiantes, da xente moza e un elemento clave para acometer esta tarefa é a creación dun espazo de análise, participación e toma de decisións, quen de fomentar o empoderamento social da xuventude. Non outra é a responsabilidade a desenvolver neste órgano que demandamos.

As persoas que hoxe se atopan no furco de idade moza teñen que de xeito compartido aprender a producir e organizar unha sociedade diferente e mellor. Esquerda Unida está certa que o farán e para iso fan falla ferramentas como a que hoxe demanda este Grupo Municipal.

miércoles, 19 de octubre de 2011

ESQUERDA UNIDA DENUNCIA A FALLA DE COMPROMISO DO CONSELLEIRO

JAVIER GALÁN CONSIDERA OPORTUNISMO ELECTORALISTA A VISITA DO CONSELLEIRO PARA NON COMPROMETER UN PESO PARA NAVANTIA

ESQUERDA UNIDA DENUNCIA A COMPLICIDADE DA ALCALDÍA DE FERROL COA FALLA DE COMPROMISO DO CONSELLEIRO

EU INSTA Á XUNTA A FACER PÚBLICO O ANUNCIADO PLAN DE DINAMIZACIÓN PARA OS TERREOS DE NAVANTIA EN IMENOSA

O Grupo Municipal de Esquerda Unida quere denunciar a visita preñada de oportunismo electoralista realizada hoxe polo conselleiro de industria a nosa cidade para non comprometer ren, en concreto nen un peso para o cofinanciamento do dique flotante. Convértese nunha visita baleira e obrigada diante das mobilizacións do sindicalismo de clase para arrincarlle ao conselleiro de industria a entrevista pedida dende xuño.

Javier Galán insta á alcaldía do concello de Ferrol a soster unha actitude de firmeza diante da Xunta de Galicia para facer efectivo o compromiso de cofinanciamento do dique flotante. A alcaldía convértese en cómplice da farsa que produce reunións baleiras, sen compromisos e que consumen un tempo precioso para dotar o estaleiro público dun investimento fundamental para a súa continuidade. A alcaldía non pode calar neste tema fundamental para Ferrol por non incomodar a súa cor política en Compostela. O liderazgo esixe ser autónomo na defensa dos intereses xerais da cidade, coincidentes cos da plantilla de traballadoras e traballadores de Navantia.

Esquerda Unida lembra os anuncios da Xunta de Galicia en relación coa presentación que ía ser no verán – e non foi – dun plan para dinamizar os terreos de Navantia en Imenosa. Preguntámonos que foi del. Queremos coñecer ese pretendido plan e aproveitamos para reiterar que as competencias non son de quita e pon. Non vale non ter competencias para non axudar no financiamento do dique flotante e logo anunciar plans e gastos na outra beira do asteleiro. Ferrolterra precisa da Xunta de Galicia e do Goberno do Estado para conquerir este investimento e para buscar carga de traballo.

Queremos lembrar que dende o día 22 de xuño tiña o conselleiro de industria na súa mesa unha petición para reunirse co comité de empresa de Navantia. Deixou pasar o tempo sen facer nada. Seica cando hoxe se convocara en Compostela unha mobilización para facer efectiva esa xuntanza, cáese por Ferrol sen nada nas mans e para evitar o bochorno de que o vaian a buscar a Compostela as trablladoras e trablladores do asteleiro, e co alcalde da cidade exercendo de cómplice desa farsa.

O conselleiro afirmou posuír dous informes en relación co custo do dique e da súa rendabilidade en termos empresariais, que non entregou aos Grupos Municipais, mais afirmou a rendabilidade do dique. Alén das verbas non houbo compromiso algún da consellaría no sentido de procurar unha vía autonómica de confinanciamento da infraestrutura productiva. EU demanda un compromiso inversor da Xunta diante deses informes, que queremos coñecer de xeito pormenorizado.

Esquerda Unida considera un escándalo que PP e PSOE, parapetados nos seus gobernos respeitivos en Compostela e Madrid, xoguen ao gato e o rato co pan e o traballo de preto de 20.000 persoas nesta comarca, polo impacto en termos de emprego directo e indirecto e actividade económica inducida que xera a empresa pública.

martes, 18 de octubre de 2011

JAVIER GALÁN DENUNCIA A DESAPARICIÓN DA PARTICIPACIÓN CIDADÁN

ESQUERDA UNIDA RECLAMA UN COMPROMISO CUN CALENDARIO DE ACTUACIÓNS PARA EXECUTAR AS ACTUACIÓNS APROBADAS NOS OP,S DESTES ANOS, E O DESENVOLVEMENTO DOS CONTIDOS DO NOVO REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ

JAVIER GALÁN DENUNCIA A DESAPARICIÓN DA PARTICIPACIÓN E O DESINTERESE DO GOBERNO NO SEU FOMENTO
O Grupo Municipal de Esquerda Unida reclama un compromiso do Goberno Municipal para garantir a continuidade e a millora do conxunto de políticas de participación cidadá desenvolvidas no mandato anterior. A cidadanía ferrolá, o tecido asociativo da cidade investiron no lanzamento da participación horas e ilusións abondo como para que agora se malbaraten de plano con este Goberno da dereita.

Javier Galán denuncia a desaparición da participación cidadá, que perdeu a súa comisión informativa e a maiores suma un conxunto de informacións avanzan o desinterese do Goberno Municipal para impulsar esta temática, que máis que nunca semella fundamental para transformar a fisonomía política e social da cidade.

Esquerda Unida reitera no día de onte a determinación de colaborar a pór en marcha cos outros grupos políticos e coa Comisión de Seguimento dos OP,s e o conxunto do tecido asociativo unha acción común en aras a conquerir unha garantía de continuidade e millora do conxunto das políticas de participación cidadá.

Esquerda Unida reclama como un compromiso certo do goberno Municipal sobre o seguinte: un calendario de posta en marcha de medidas vencelladas á democracia participativa, como é o caso do desenvolvemento das previsións e figuras contidas no Regulamento de Participación Cidadá, xunto coa execución dos investimentos e actuacións aprobados nestes anos nos procesos de OP,s. Sermos honestos coa cidadanía e non facer trampas co decidido democráticamente esixen deste Goberno que cumpra e continúe coas políticas de participación cidadá.

sábado, 15 de octubre de 2011

RAZÓNS

Razóns da rúa se escoitan nun balbordo fértil, que coido anuncia a fin da submisión estupefaciente na que o pensamento único nos tiranizou nos últimos trinta anos. Razóns da rúa que son de xente nova que se politiza lendo e vivindo as miserias que nos sirven en frío, nun exercicio caníbal e egoísta, os gobernantes obedientes aos mercados capitalistas, que regalan aos banqueiros e empresarios o que nos rouban a nós. Razóns da rúa de xente que xa non é nova, que xa militou e coñeceu o sabor da esperanza e da derrota e que de novo participa dunha arela común, a de construír unha alternativa mediante unha suma compartida, sen protagonismos nen partidismos. Razóns da rúa que expresan unha racionalidade crítica radical ao respecto dun sistema político, cultural e socioeconómico, o da transición, que se esgota, vítima dun quefacer político mimético e neoliberal que goberne quen goberne, en Madrid ou Compostela, só atende ao capital. Razóns da rúa que mañán vanse conxuntar en medio mundo, nunha sorte de nova internacional resistente e creadora, en máis de 800 cidades do planeta, para proclamar en todas as linguas e coas maneiras diversas das tradicións emancipadoras do século que é posible vivir e producir doutra maneira. Mañán na praza do 15 M, ou da Liberdade, na vella praza de Armas, vai crecer dende o mediodía ese alento liberador, ao modo en que o estudantado chileno fai seu un vello verso de Neruda, “Me gustas democracia aunque estás como ausente”. Sexan moitas as voces das razóns.

http://www.diariodeferrol.com/index.php/opinion/o-debate/29627-vivenda

sábado, 8 de octubre de 2011

COMEDORES ESCOLARES

Xa temos o PP en acción, con esa brigada especializada en desbaraxustar os servizos públicos e reconvertilos nun negocio para uns poucos. Así, unha decisión deliberada do PP deixa sen beca de comedor escolar a uns corenta nenos e nenas, deles 27 matriculados en centros públicos. En canto poden os do PP, o partido da liberdade... dos ricos fan evidente para quen gobernan e cal é o seu compromiso coa escola pública. No verán Esquerda Unida denunciou na prensa e nas comisións que o prego para os comedores xa contemplaba a opción de desviar cartos públicos para o ensino privado. Ese é o mollo da cuestión: cando non se para de recortar nas partidas económicas, cantos menos cartos restan para manter os servizos públicos, vai o PP e roe un pouco máis ao vampirizar os cartos adicados á escola pública desviándoos á privada. Nestes casos hai que ser tallante, a prioridade é a escola pública, que constitúe a ferramenta que garante para todos as nenas e nenos a escolarización, sexan negros ou amarelos, altos ou baixos, falen inglés ou galego, teñan cartos ou non os teñan, crean ou descrean. Sen ter resoltas as necesidades do ensino público é un escándalo que se desvíen cartos para os privados, que se lucran co exercicio do que para Esquerda Unida e para a Constitución é un dereito. O mal causado aínda ten remedio: que quiten os cartos de onde sexa, pero as nenas e nenos sen beca e matriculados nos centros públicos teñen que ir a comedor.

http://www.diariodeferrol.com/index.php/opinion/o-debate/29227-vivenda

jueves, 29 de septiembre de 2011

Entrevista a Suso Basterrechea

Basterrechea é un escultor que estudou pintura, que da clases nun instituto e que se meteu en política con Esquerda Unida (Ferrol, 1968) estudou pintura en Sevilla i en Ferrol foi alumno de Ricardo Segura Torrella. Pero é coñecido polas súas esculturas e algo tamén porque dende xuño dirixe o Consello Local de IU.

-¿Por que é escultor se estudou pintura?

-Por inseguridade, a escultura é un traballo algo máis intelectual que a pintura no que me sinto máis seguro. Aínda que estou perdendo algo esa sensación e a miña última exposición foi de debuxos.

-¿Sería pola política?

-Pois a práctica política mudou a miña percepción da arte, que é como una vida paralela. Pero coa política aterricei nas necesidades reais.

-E ¿como chegou á política? 

  -Pois a través da arte. Iolanda [Díaz] pediume que xestionara o centro cultural Torrente Ballester, gustoume o proxecto e as persoas e me comprometín. Despois o PSOE ofreceume seguir e o PP facer unha exposición, pero negueime.

-¿Non faría una exposición organizada polo PP entón?

-Non é iso, non podo formar parte dun proxecto que non vexo, ou que non comparto. De todos os xeitos, a miña relación coa política é moi natural, os meus debuxos sempre foron moi políticos, de denuncia social a través da ironía. A arte sempre é política.

-Falando da súa nova responsabilidade política en Esquerda Unida, ¿que obxectivos ten?

-A labor de oposición municipal está agora moi limitada pola maioría absoluta, e penso que o que hai que conseguir é unha carta de unidade de toda a esquerda para tentar frear as agresións á educación, por exemplo. Tamén estamos inmersos nun proceso de refundación e tentando abrirnos á sociedade. A nosa fortaleza pasa por recuperar á xente que desconfía do partido, como o movemento do 15-M. Supoño que nos ven como parte do sistema, pese a estar en contra del, e tamén dos problemas.

-Ademais de político é profesor de Educación Plástica, ¿bota de menos máis tempo para a arte? 

-Estou acostumado a traballar moitísimo, quítolle horas ao sono, pero boto de menos máis tempo para a familia.

-Se tivera que debuxar ao alcalde de Ferrol, ¿como sería? 

-Gris [risas], bueno, todos os meus debuxos son grises. É un tipo agradable, pero non me inspira.

SUSO BASTERRECHEA artista, maestro e responsable local de iu 

A noticia http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2011/09/28/0003_201109F28C11991.htm

viernes, 9 de septiembre de 2011

ESQUERDA UNIDA URXE A FACER REALIDADE A ESCOLA INFANTIL DE ESTEIRO E A INMEDIATA APERTURA DO CENTRO DE DÍA DE CARANZA BAIXO XESTIÓN PÚBLICAS

“BLINDAR O GASTO SOCIAL ESIXE DO GOBERNO MUNICIPAL SER REIVINDICATIVO COA XUNTA DE GALICIA PARA GARANTIR OS EQUIPAMENTOS SOCIAIS NECESARIOS PARA A CIDADE “ RECLAMA YOLANDA DÍAZ

O Grupo Municipal de Esquerda Unida demanda a apertura inmediata do centro de día de Caranza e máis o cumprimento do compromiso para realizar a escola infantil de Esteiro en réximen de xestión pública directa, equipamentos sociais necesarios e que dormen o sono da inxustiza e do desleixo por unha Xunta de Galicia, desinteresada no gasto social a causa da súa lente ideolóxica de dereitas. Cando hoxe visita Ferrol a conselleira de benestar queremos lembrar o flagrante abandono no eido social que sofre a cidadanía ferrolá a causa do PP. Gasto social que co gallo da entrega dos premios Solidarios o actual alcalde se comprometía esta mesma semana a blindar. “Blindar o gasto social esixe ser reivindicativo coa Xunta de Galicia para garantir os equipamentos sociais comprometidos para a nosa cidadanía, reclama a Voceira de EU, Yolanda Díaz. Esquerda Unida quere significar a vergoña social e a ineficacia extrema que supón contar cun equipamento social rematado vai para ano e medio e recepcionado polo concello, o centro de día de Caranza sito na rúa Juan de Austria, sen que a Xunta de Galicia se decida a abrilo. Agora di a conselleira que se vai a inaugurar en breve pero cunha modalidade de xestión privatizada. Temos que lembrar o compromiso do actual alcalde que votou no Pleno de marzo deste ano a favor dunha moción de EU que demandaba a súa posta en funcionamento baixo xestión pública directa. Na política, como na vida persoal, os compromisos deben ser honrados. En canto fai á comprometida escola infantil de Esteiro os números cantan en contra dun Goberno Feijóo mendaz, que non fai fronte os pactos. Sobre cento oitenta nenas e nenos viven en Esteiro e son ao redor de 5.000 as cativas e cativos en idade de 0-3 anos que viven en Ferrol, e a nosa cidade só conta cunha escola infantil, a de Caranza máis as dúas pequenas escolas de Catabois e Canido. Valga de exemplo demoledor, que Narón, que conta coa metade de poboación que nós, vai xa pola cuarta escola infantil. Para saír do paso nos dí a conselleira que o van facer e dende Esquerda Unida reclamamos feitos e orzamentos e non palabras vanas. A teimuda negativa do goberno Feijóo para pór en funcionamento estas dúas infraestruturas públicas e sociais deixa as claras o seu nulo compromiso coa cidadanía ferrolá e coa creación de emprego estable e con dereitos. Lonxe de avanzar unha política de investimento en gasto social, que protexa á cidadanía máis feble, que axude a creación de emprego estable e con dereitos e que dinamice a economía, Feijóo opta polo laissez faire... e a conversión de dereitos sociais en meras mercadurías para faceren negocios uns cantos “emprendedores”, que o enésimo eufemismo co que o capital se disfraza. O silencio cómplice do Goberno Municipal delata o oportunismo atroz que exhibiu o actual alcalde cando en xaneiro e marzo de 2011, nas vésperas electorais , votou a favor destas dúas demandas, que no día de hoxe e co gallo da visita da conselleira Esquerda Unida devolve a actualidade.

EU RECLAMA DO GOBERNO MUNICIPAL QUE SE ENFRONTE Á POLÍTICA LINGÜICIDA DO GOBERNO FEIJÓO E GARANTA DE XEITO SUBSIDIARIO ESAS AXUDAS NA NOSA CIDADE

O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA DENUNCIA A PERDA QUE VAN SUFRIR AS POLÍTICAS DE APOIO Á LINGUA GALEGA LOGO DA CANCELACIÓN DA CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS DA XUNTA DE GALICIA TANTO EN FERROL COMO NO PAÍS

O Grupo Municipal de Esquerda Unida amosa o seu rexeitamento e pesar pola cancelación pola Xunta de Galicia da orde que estabelecía as bases para a concesións de subvencións aos concellos para desenvolver accións de promoción do uso da lingua galega. Hoxe publícase no DOGA a mala nova ( publícase hoxe a Orde de 7 de setembro que cancela a de 4 de marzo ), o que supón privar ao noso concello das axudas que se viñan recibindo todos os anos, incluso no tempo de goberno de Manuel Fraga. O ataque dista de ser menor, poque a contía total das subvencións que se perden acadan unha contía inicial máxima de 420.000 euros. Preguntámonos que vai facer o Goberno Municipal para enfrontar esta nova agresión, porque queremos confiar en que o Goberno Municipal vai reaccionar de inmediato na defensa duns fondos necesarios; e xa adiantamos que formularemos en comisión e Pleno a demanda de que se reclame unha rectificación por parte da Consellaría de Educación, asemade de que de xeito subsidiario o Goberno Municipal asuma sufragar a partida deste exercicio, que se pedira dende o Departamento de Normalización Lingüística do noso concello. O exercicio pasado este concello recibiu para o mantemento do servizo lingüístico 11.016,65 euros, cantidade que non semella desorbitada, se acaso pequena, e que por suposto este concello ten a capacidade de atender. Agora ben, nós reclamamos unha reclamación belixerante para que a Xunta rectifique. Semella intolerable a dinámica de agresións e recortes coas que a Consellaría de Educación vai inaugurar o curso escolar, ataques que se estenden dende o menoscabo do carácter público ate o pulo ás políticas que alentan o uso da lingua oficial de Galicia.

miércoles, 7 de septiembre de 2011

ESQUERDA UNIDA LÉMBRALLE AO GOBERNO QUE A PRIORIDADE NO EIDO MUNICIPAL TEN QUE SER GARANTIR OS RECURSOS SUFICIENTES PARA A PROTECCIÓN SOCIAL

O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA PRESENTARÁ UNHA BATERÍA DE ACHEGAS ÁS ORDENANZAS FISCAIS PARA GARANTIR A PROGRESIVIDADE E A REDISTRIBUCIÓN SOCIAL DOS RECURSOS PÚBLICOS 

O Grupo Municipal de EU presentará unha batería de achegas á vindeira proposta de ordenanzas fiscais do actual Goberno Municipal co duplo obxectivo de mellorar a súa progresividade e para garantir os recursos suficientes para desenvolver unha política de protección social, quen de fornecer unha axeitada redistribución social nun tempo onde a crise segue a azoutar e todos os esforzos caen no lombo das clases traballadoras e populares. “Non todos os veciños e veciñas son iguais en canto a renda e patrimonio e polo tanto nunha situación de crise toca especialmente facer un reparto progresivo da carga impositiva, somentes deste xeito avanzaremos no eido da xustiza e evitaremos as actuais discriminacións”, salientou Yolanda Díaz ao respeito desta cuestión. A Voceira de EU sinalou que tamén nas taxas e tributos municipais hai posibilidades para desenvolver unha fiscalidade progresiva, ou o que é o mesmo, que paguen máis os que máis teñen e que agora apenas están a pagar, a causa dunha fiscalidade plana e do inaceptable fraude fiscal. Esquerda Unida vai defender que en modo algún se suban os impostos á maioría social traballadora da cidade, que xa está a afrontar o fundamental dos custos dunha crise provocada polo capital. A garantía de contar cos recursos necesarios para avanzar cara a unha plena protección social constitúe o obxectivo a acadar cunha reforma das ordenanzas fiscais que afonde na capacidade do concello para financiar os servizos e prestacións sociais que a cidadanía ferrolá reclama cando non se albisca por ningures a saída da crise, e se acumulan medidas regresivas e que inciden desfavorablemente sobre as clases traballadoras e populares da nosa cidade. Progresividade e redistribución social son os eixos directores das medidas que EU presentará para mellorar as ordenanzas fiscais: o aprazamento suficiente para as persoas en paro ou con ingresos inferiores ao SMI, a paulatina introdución de progresividade en todas as figuras impositivas susceptibles delo; ou o combate fronte a especulación inmobiliaria en Ferrol, coa efectiva aplicación da ordenanza de soares – impulsada por EU – e do gravame extraodinario do IBI para o puñado de especuladores que amorean títulos de propiedade na Magdalena contra calquera utilidade social das vivendas en cuestión; Esquerda Unida será inflexible na procura de que esa pequena fracción da sociedade que máis cartos e patrimonio teña contribúa de xeito progresivo segundo recolle a Constitución do 78. Queremos significar tamén a nosa preocupación polos contidos do plan de axuste que anuncia o Goberno, medidas que de seren semellantes ás que o Partido Popular está a desenvolver de Madrid a Castela A Mancha, pasando pola Xunta, van supor un risco certo para o xa feble conxunto de servizos públicos que se prestán dende o concello.

lunes, 5 de septiembre de 2011

ESQUERDA UNIDA URXE A REALIZACIÓN DO CENSO DE SOARES E INMOBLES A REHABILITAR NA NOSA CIDADE

“A APOSTA POLA REHABILITACIÓN E A LOITA CONTRA AS PRÁCTICAS ESPECULADORAS DEBEN CONSITUÍRSE NA ESTRATEXIA DIRECTORA DESTA NORMA,” SUBLIÑA YOLANDA DÍAZ

O Grupo Municipal de Esquerda Unida insta ao Goberno Municipal a proceder a elaborar o censo de soares previsto na ordenanza aprobada esta primavera pasada. Para Esquerda Unida semella necesario proceder con celeridade a realizar este censo para pór en marcha de maneira eficaz unha iniciativa novedosa no urbanismo e necesaria na procura dun urbanismo sustentable e cunha función social, como resulta ser a ordenanza.

Yolanda Díaz salienta o valor de poder empregar esta ferramenta para derrotar os comportamentos especuladores que tanto danan o urbanismo da nosa cidade. A aprobación por parte de todos os Grupos desta ordenanza non se pode ver agora defraudada pola neglixencia de non poñela en marcha. Unha simple ollada basta para coñecer a necesidade e urxencia de dotármonos dese censo.

Aprobada no último tramo do anterior mandato municipal, a ordenanza de soares xorde dunha iniciativa de Esquerda Unida que aposta por un urbanismo rehabilitador e belixerante diante das operacións especulativas que desgrazadamente existen tamén na nosa cidade.

Esquerda Unida insta pois ao Goberno Municipal a pór en marcha o rexistro de soares coa elaboración do censo de inmobles que requiren rehabilitación e dos soares onde hai o deber de edificar. A partires deste paso, estamos certos que o urbanismo en Ferrol e o conxunto da cidadanía vai gañar con esta norma en funcionamento.

jueves, 1 de septiembre de 2011

ESQUERDA UNIDA RECLAMA QUE SE ARRANXE DE XEITO ESTABLE O CATUAL APUNTALAMENTO DE COSTA DE MELLA

YOLANDA DÍAZ FORMULA A NECESIDADE DE ACOMETER A REHABILITACIÓN DESTE ESPAZO COMO SOLUCIÓN DEFINITIVA

O Grupo Municipal de Esquerda Unida demanda que se proceda a arranxar a situación inaceptable na que se atopa a edificación de Costa de Mella, espazo que se atopa apuntalado dende hai case 6 meses, sen que se coñeza unha resolución ao respecto, que permita albiscar outra opción diferente a pagar indefinidamente a unha empresa polo mero apuntalamento.

Non se gaña tempo, se perden cartos, sinalou Yolanda Díaz, ao urxir ao Goberno Municipal a adoptar unha dupla solución: dunha banda acometer as obras oportunas para garantir a estabilidade da construción, do muro e da bóveda, e doutra a asunción polo Goberno Municipal da decisión política de rehabilitar Costa de Mella.

Unha cidade como Ferrol non se pode permitir o abandono de deixar que as súas obras e equipamentos civís se veñan abaixo, mais cando agochan as magnificas posibilidades que ten Costa de Mella para ser un equipamento de primeira, unha peza que solde Ferrol Vello coa Magdalena, que achegue outra ferramenta de intervención cultural na cidade...

Esquerda Unida quere lembrar que no mandato pasado e no breve paso pola responsabilidade de cultura, acometeuse un concurso de ideas para determinar os posibles usos de Costa de Mella, reservándose unha partida orzamentaria – logo incumprida polo Goberno do PSOE en solitario – de 600.000 euros para comezar a rehabilitación.

EU pídelle ao Goberno do PP que asuma a decisión política valente de rehabilitar a peza e pór fin a súa degradación, que supón malbaratar o noso patrimonio e ferir á imaxe de conxunto da nosa cidade.

miércoles, 24 de agosto de 2011

ESQUERDA UNIDA FORMULA EN COMISIÓN A DEMANDA DE URBANIZACIÓN DAS RÚAS BASANTA E ESPIÑO DE SAN XOÁN

JAVIER GALÁN MANTIVO ONTE UNHA XUNTANZA COA ENTIDADE VECIÑAL PARA ANALISAR AS PROBLEMÁTICAS DE MEIRANDE URXENCIA NO BARRIO

Javier Galán vén de formular na comisión informativa de Medio Ambiente e Urbanismo a petición da veciñanza do barrio de San Xoán en relación coa urbanización con beirarrúas nas rúas Basanta e Espiño. Esta proposta é en realidade un recordatorio para este novo Goberno Municipal, para que acometa a obra consignada no actual orzamento; obra que conta con partida orzamentaria grazas a súa inclusión no actual orzamento a instancia do noso Grupo Municipal.

A democracia supón facer realidade os acordos adoptados polo Pleno do concello, que neste caso tiveron o respaldo do actual partido gobernante na nosa cidade. Emporiso reclamamos do actual Goberno Municipal que execute a partida consignada no anexo de investimentos para millorar a seguridade vial da veciñanza do barrio.


En xaneiro deste ano aprobábase a moción por unanimidade que logo foi incorporada c no anexo de investimentos do concello de 2011 para dar resposta ás demandas veciñais de San Xoán, que son recorrentes no que atinxe a dotar de beirarrúas esas rúas que acumulan moito tráfico sen seguridade vial algunha. Son repetidas as incidencias e atropelos derivados desta circunstancia e que cómpre arranxar á maior brevidade. Aínda onte na xuntanza mantida coa entidade veciñal se facían eco dun penúlitmo incidente hai poucos días a causa desta situación.

Javier Galán mantivo no día de onte unha xuntanza de traballo coa entidade veciñal para abordar as problemáticas máis urxentes e importantes que ten o barrio de San Xoán. Esta foi unha das cuestións centrais desa xuntanza.

lunes, 22 de agosto de 2011

O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA RECLAMA DO GOBERNO MUNICIPAL QUE ASUMA O IMPORTE DO RECORTE DA XUNTA NAS AXUDAS AOS PROXECTOS PRESENTADOS POR LAZOS

EU DENUNCIA QUE A CONCELLERÍA DE BENESTAR SEGUE SEN COMPROMETER UN PESO PARA AXUDAR A ESTA ASOCIACIÓN NESTE 2011

O Grupo Municipal de Esquerda Unida reclama do Goberno Municipal que, diante do recorte decretado pola Consellaría de Sanidade nas axudas ás entidades que desenvolven traballos de prevención e loita contra o VIH, e que afecta entre outras a Lazos Pro Solidariedade – Comité Antisida Ferrol, asuma o importe recortado pola Xunta: 3.500 euros, o 17% do total do proxecto deste entidade. De non contar con esta partida a asociación non poderá desenvolver un dos programas contemplados, o que quere previr e promocionar á saúde ao través da educación polos pares e se perderá o posto de traballo asociado a esta iniciativa. Esta unha partida que o concello ten capacidade económica para financiar e desta maneira contribuír a garantir un traballo social necesario.


Queremos lembrar dende Esquerda Unida a formidable labor social que desenvolve Lazos dende hai unha quincena de anos malia as dificultades materiais e económicas que sempre estiveron presentes. Cómpre salientar que esta entidade recibiu o Premio Solidario, na súa segunda edición, no mandato anterior, pola laboura desenvolvida nun eido social con moi difíciles problemáticas. En congruencia con tales méritos non pode ser que este novo Goberno se desentenda da colaboración a prestar neste eido. Este recorte supón un golpe na sempre fráxil capacidade económica da entidade para desenvolver proxectos necesarios para atender ás persoas con esta doenza así como para desenvolver os seus proxectos de prevención e concienciación social.


Este ataque antisocial ten consecuencias por todo o país, por canto hai outras entidades na Coruña ou Ourense onde a resolución da Xunta de Galicia as deixa sen un peso, obrigándoas a pechar as portas.


Doutra banda, o Grupo Municipal quere denunciar a pasividade da concellería de benestar do concello de Ferrol que continúa, cando nos atopamos en agosto sen definir que subvención vai entregar neste exercicio a Lazos. Aorredor dunhas 25 persoas son atendidas no centro diariamente, no que tamén se veñen realizando as probas de detección rápidas do VIH sen recibir unha axuda da Xunta de Galicia, onde reciben comida e axuda persoas que nada teñen. Todo elo nunhas condicións materiais enormemente precarias, con falla de luz ou cables amoreados no solo. A nosa organización non entende que se lle negue a unha asociación que realiza un traballo social necesario a prol da saúde pública de primeira magnitude e con colectivos con difíciles problemáticas unhas axudas suficientes e concedidas en prazos razoables. Reclamamos da concelleira que defina as axudas desta anualidade xa.


Por último, Esquerda Unida insta e urxe ao Goberno Municipal a que interveña diante da Consellaría de Benestar para que rectifique a negativa a conceder unha axuda á entidade ferrolán. Dada a cor política do Goberno de Ferrol e do da Xunta, cómpre que aquel defenda os intereses da nosa cidadanía e non actúe como mera e obediente correa de transmisión na política antisocial do Goberno Feijóo.


“Lazos, a nosa cidadanía, non se merece esta conxura antisocial que polo silencio ( a concelleira de benestar de Ferrol ) ou con recortes ( a Xunta de Galicia ) ameaza o traballo exemplar dunha asociación necesaria”, sinala Javier Galán.

viernes, 19 de agosto de 2011

O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA RECLAMA A ELABORACIÓN DO PLAN SOCIOCOMUNITARIO PARA RECIMIL

EU PIDE O ACONDICIONAMENTO URXENTE DAS VIVENDAS BALEIRAS DO BARRIO PARA AS FAMILIAS QUE AS NECESITAN E CUMPREN OS REQUISITOS DO PROCESO

O Grupo Municipal de Esquerda Unida quere demandar do Goberno Municipal o compromiso duplo de elaboración do plan sociocomunitario para o barrio de Recimil e máis a realización con carácter de urxencia dos debidos acondicionamentos nas vivendas baleiras de Recimil, para deste xeito permitir unha pronta ocupación das mesmas por parte das familias que as necesitan e cumpren os requisitos do proceso de adxudicación.


Esquerda Unida lembra que xa na Comisión informativa de Benestar de 11 de agosto, Yolanda Díaz, Voceira do Grupo, interesou a elaboración dunha sólida proposta que sirva para millorar a convivencia e a calidade dos servizos no barrio mediante a realización e execución dun plan sociocomunitario, que permita progresar nas condicións sociais da veciñanza e do seu contexto, mediante a produción dos bens sociais e a prestación de determinados servizos sociais específicos. Hai que rematar os parcheos e as improvisacións e avanzar na planificación participada dun barrio clave da cidade.


A nosa organización require tamén do Goberno Municipal unha acción urxente e extraordinaria para resolver a adxudicación das vivendas baleiras de Recimil. A partires do informe entregado onte na comisión informativa de Benestar, que recoñece que máis dun cento de familias teñen os requisitos para acceder as vivendas do barrio, EU reclama que se proceda cun trámite extraordinario a acondicionar as vivendas baleiras para facer real a adxudicación e colmar así unha necesidade social perentoria, situación límite en non poucos casos.


Queremos lembrar que estas dúas accións van servir para rachar co círculo vicioso que se produce cando as vivendas restan desocupadas e non hai unha acción pública municipal eficaz, é dicir, social e comunitaria. Pola contra, o acondicionamento das vivendas e a súa entrega as familias que cumpren os requisitos vai supor a millor maneira de evitar ocupacións ilegais e a subseguinte problemática de empeoramento da convivencia. Esta acción inmediata xunto coa elaboración do plan sociocomunitario permitiría un salto cualitativo na calidade residencial do barrio.


Reclamamos do Goberno Municipal que sexa quen de aparcar a súa idea de derruír o barrio e no entanto deixar que se degrade para implementar unha solución traumática nel; pedímoslle que poña por diante as necesidades de vivenda da nosa cidadanía e atenda as urxencias sociais actuais.

viernes, 12 de agosto de 2011

O GRUPO MUNICIPAL DE EU RECLAMA DO VOCEIRO DO PP QUE SE AXUSTE Á LEGALIDADE NA DEFENSA DO GALEGO

HAI QUE CUMPRIR E FACER CUMPRIR AS DISPOSICIÓNS EN MATERIA DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA APROBADAS POR TODAS AS CORPORACIÓNS DEMOCRÁTICAS ATÉ AGORA, SUBLIÑA YOLANDA DÍAZ


O Grupo Municipal de Esquerda Unida quere saír ao paso das posicións verquidas polo Voceiro do PP no Goberno Municipal, no que avanzou a súa defensa dos postulados máis contrarios ao proceso de normalización lingüística do galego, asumindo os postulados que buscan afogar a cultura galega e o noso idioma.


Yolanda Díaz, Voceira do Grupo Municipal de Esquerda Unida subliñou que “hai que cumprir e facer cumprir as disposicións en materia de normalización lingüística aprobadas por todas as Corporacións democráticas até agora”. Normas que van dende a ordenanza de normalización lingüística até ao Plan de Normalización da nosa lingua, que busca espallar por todos os relanzos da vida social ferrolá, e que constitúen no eido local a plasmación do consenso democrático e das normas aprobadas no Parlamento Galego dende a fin da ditadura franquista. Neste eido, Yolanda Díaz salientou o traballo desenvolvido polas Comisións de traballo do Consello Municipal da Lingua no tempo en que se puxeron en marcha baixo o impulso de Javier Galán, insistindo no valor da súa continuidade e extensión.


Para Esquerda Unida se non se quere defender a lingua e cultura galegas hai que cambiar toda a lexislación; do contrario estamos a despeñarnos polos carreiros antidemocráticos, que son os únicos nos que periga o galego. So durante os reximes ditatoriais, en particular durante o franquismo, se atacou ao galego. O noso Grupo reclama do PP que non se sume aos coros interesados da ultradereita que tenta rachar consensos democráticos e construír unha guerra cultural na que somentes vai sufrir a nosa lingua e cultura.


Esquerda Unida fai un chamado ao Goberno para que amose con feitos o seu compromiso co galego, cun orzamento axeitado ás necesidades do proceso normalizador cara o orzamento de 2012, e co pulo ás comisión de traballo do Consello Municipal da Lingua seguindo o regueiro de traballo posto en marcha por Javier Galán.


Ferrol, venres 12 de agosto de 2011

martes, 9 de agosto de 2011

ESQUERDA UNIDA PROPUGNA A CONSTITUCIÓN DUN PARQUE PÚBLICO COMARCAL DE BOMBEIROS

O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA RECLAMA DO NOVO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN QUE ASUMA O COMPROMISO DE COFINANCIAMENTO DESTE SERVIZO PÚBLICO


O Grupo Municipal de Esquerda Unida vai defender no Pleno de hoxe a proposta que xa fixeramos en 2009. Somos congruentes co que defendéramos naquel intre e que nos deu a razón á vista dos datos de execución do actual convenio, que fora aprobado entón cos votos de todos os Grupos agás do noso.


Esquerda Unida vai volver a propugnar a constitución dun parque comarcal de bombeiros, que sexa cofinanciado polas tres administracións: Xunta, Deputación e os concellos. Modelo que xa funciona en Compostela e no que no seu momento sostivo tamén o propio PP. O xeito de sufragar este servizo público comarcal é a 3 bandas, entre a Xunta, Deputación e concello, en porcentaxes respectivos de 40, 40 e 10. Queremos lembrarlle ao Partido Popular que noutrora esixira do entón Goberno Municipal que involucrara no financiamento ás outras administracións, entón rexidas polo PSOE. Agora cúmprelle ao PP xogar ese papel responsable para coa cidadanía e reivindicador para coas administracións, dado que tanto a Xunta como a Deputación as dirixen os seus correlixionarios.


Esquerda Unida reclama do novo Presidente da Deputación, que compatibiliza esa responsabilidade coa de concelleiro desta Corporación, que asuma o compromiso de cofinanciamento deste servizo de bombeiros comarcalizado. Servizo público comarcalizado que semella a fórmula axeitada para prestar un servizo necesario a todas as municipalidades da comarca sen discriminación de ningunha caste.


Se o PP xa o tiña claro entón non cabe senón denunciar como renuncia que agora se nos propoña unha prórroga dun convenio que non satisface as necesidades da cidadanía e que resulta discriminatorio para Ferrol.
Ferrol, martes 9 de agosto de 2011

sábado, 16 de julio de 2011

O Goberno Municipal do PP,contempla desviar cartos para dotar becas de comedor ao alumnado dos centros privados.

O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA PRESENTARÁ ALEGACIÓNS AO PREGO DOS COMEDORES ESCOLARES PARA O VINDEIRO CURSO

EU REXEITA QUE SE DESVÍEN CARTOS PÚBLICOS MUNICIPAIS PARA BECAS AO ALUMNADO DO ENSINO PRIVADO

YOLANDA DÍAZ PÍDELLE AO GOBERNO MUNICIPAL QUE REIVINDIQUE DIANTE DA XUNTA DE GALICIA A ASUNCIÓN DESTE IMPORTANTE SERVIZO

O Grupo Municipal de Esquerda Unida presentará un conxunto de alegacións ao prego de prescricións técnicas que rexera a prestación do servizo dos comedores escolares nos centros públicos da cidade, que hoxe se presentou na Comisión informativa de Cultura. Nos vindeiros días se presentará un escrito para millorar e fornecer a prestación deste servizo complementario fundamental para a escola pública. A nosa organización quere agradecer o traballo desenvolvido estes anos pola federación de anpas na prestación deste importante servizo educativo.

Sen prexuízo dun estudo máis pormenorizado dos contidos do prego, a nosa organización rexeita de plano a posibilidade que abre este documento para becar a alumnado procedente doutros centros escolares privados. Esquerda Unida considera que de producirse esta situación estaríase a cometer un novo prexuízo sobre este servizo complementario do ensino público, dado que se desviarían cartos dunha partida concebida para atender este servizo no eido do ensino público, partida que non experimenta crecemento algún; partida que ten que sufragar o concello dada a negativa da Consellería de Educación, en mans do PP, a incorporar os comedores escolares de Ferrol á rede dependente que depende de xeito directo da Consellaría. Mantendo desta maneira unha inaceptable discriminación sobre a nosa cidade que ten que rematar canto antes.

Lembramos a importancia deste servizo para fornecer a capacidade da escola pública para ofrecer un servizo educativo integral e de calidade atento ás necesidades do tempo actual, facilitando sobremaneira a conciliación laboral e familiar dos proxenitores do alumnado usuario.

Esquerda Unida insta ao Goberno Municipal a manter a prestación deste servizo para o alumnado dos centros públicos como viña acontecendo até o de agora. A poboación que opte pola privada debe ser consecuente con esa escolla. A nosa organización rexeita a continuada vampirización de recursos económicos públicos polo ensino privado, que pola contra dista de asumir un reparto igualitario dun alumnado plural pola súa condición de clase ou polas súas identidades culturais.

Yolanda Díaz, Voceira do Grupo Municipal, reclama do Goberno Municipal que dirixa unha mobilización social unitaria para arrincar da Xunta de Galicia a asunción integral do servizo dos comedores escolares nas condicións de xestión directa pública que contempla de maneira preferente a normativa vixente, o Decreto 10/2007 de xaneiro, que contempla como modalidade de carácter xeral a xestión directa , deixando como excepcional a situación – discriminatoria con Ferrol – que temos na nosa cidade.

viernes, 8 de julio de 2011

Deficencias ná Rúa María

ESQUERDA UNIDA RECLAMA QUE SEXA EFECTIVA E SEGURA A PEONALIZACIÓN DA RÚA MARÍA NO TRAMO QUE SE ATOPA TRALO CONCELLO

“SON EVIDENTES OS RISCOS PARA OS PEÓNS DADO O TRÁNSITO DO VEHÍCULOS NESA ZONA”, DENUNCIA YOLANDA DÍAZ

O Grupo Municipal de EU quere reclamar do Goberno Municipal que faga cumprir a condición de zona peonil que ten o tramo da rúa María que se atopa trala casa do concello.

Unha simple ollada basta para advertir a recorrencia coa que os vehículos circulan por ela infrinxindo a condición de zona peonil e poñendo en risco aos transeúntes e en particular aos máis pequenos, que adoitan xogar na traseira do concello e máis agora en período de vacacións.

O Grupo Municipal de EU demanda unha acción rápida do Goberno Municipal para que salvagarde a seguridade vial na zona da traseira do concello, de xeito que ao se cumprir a norma se eviten riscos innnecesarios para a veciñanza, en particular para as pequenas e pequenos que xogan nela aproveitando que debería estar libre de tráfico.

SOLIDARIEDADE COA PLANTILLA DE TECNYMO

O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA AMOSA A SÚA SOLIDARIEDADE COA PLANTILLA DE TECNYMO

ESQUERDA UNIDA DEMANDA QUE SE CUMPRAN OS COMPROMISOS ADQUIRIDOS COA PLANTILLA E UNHA ACCIÓN ENÉRXICA DAS AUTORIDADES PÚBLICAS PARA CORRIXIR A FRAUDE DE LEI

Esquerda Unida quere expresar a súa solidariedade e apoio ás demandas e mobilizacións anunciadas polas traballadoras e traballadores de Tecnymo, diante dos incumprimentos da parte empresarial.

Javier Galán salienta que unha vez máis en tempos de crise a corda rómpese pola parte da clase traballadora. “É inaceptable que a parte empresarial rompa os compromisos adquiridos de xeito unilateral, todo elo nun contexto que ten un nome ben feo, o da fraude de lei, unha precariedade exacerbada, e a deixación de responsabilidades por parte dos organismos públicos obrigados a velar pola legalidade da lexislación laboral”, nas verbas de Javier Galán, que significou que unha empresa pública como Navantia non debe aceptar estas situacións da facto.



A nosa organización reclama das administracións públicas, inspección de traballo e Ministerio o fin da impunidade empresarial, que fai que se poidan dar situacións do tipo das denunciadas pola plantilla: traballadores que levan 10 anos vencellados a empresa e que continúan con contratos temporais.

Impunidade empresarial que semella non ter acougo dado que as formulacións que enuncian son as de profundizar nesa deriva, coa compracencia e apoio dos grandes partidos, PP e PSOE, xunto os das burguesías basca e catalana. Esquerda Unida afirma o seu firme compromiso na procura dunha política laboral e de emprego alternativas que poñan o fincapé na defensa e ampliacións dos dereitos da clase traballadora.

lunes, 4 de julio de 2011

En apoio das demandas do CEIP San Xoán de Filgueira.

ESQUERDA UNIDA EXPRESA O SEU APOIO ÁS DEMANDAS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP SAN XOÁN DE FILGUEIRA

“ATÁCASE AO ENSINO PÚBLICO NUN CENTRO EDUCATIVO SENLLEIRO E EXEMPLAR NAS SÚA POLÍTICAS DE INTEGRACIÓN E IGUALDADE” SALIENTA JAVIER GALÁN

EU RECLAMA QUE SE AMPLÍE A MATRÍCULA NO CENTRO DADA A DEMANDA QUE TEN ESTA ESCOLA

O Grupo Municipal de EU quere manifestar o seu pleno apoio ás demandas da comunidade educativa do CEIP do San Xoán de Filgueira, a penúltima vítima da política de recortes no eido educativo da Consellaría de Educación que goberna o PP.

Nunha xunta mantida no día de hoxe, a comunidade educativa do centro escolar manifestou aos diferentes Grupos Municipais que mantiveron unha reunión coa ela, coa excepción do PP que non asistiu, os contidos da agresión educativa que formula o PP: redución de dúas unidades de primaria, unha profesora de inglés e unha orientadora, asemade da limitación no número de matrículas.
Esquerda Unida asinou o escrito polo cal catro Grupos Municipais: BNG, EU,IF e PSOE-PSdG reclaman a celebración dunha Xunta de Voceiros Urxente e Extraordinaria para mañán para abordar a problemática que sofre este centro escolar.

Xa no último Pleno celebrado a semana pasada, Yolanda Díaz realizou unha intervención na que denunciou o carácter sistemático dos recortes que no eido educativo está a desenvolver o PP, citando o exemplo do CEIP San Xoán de Filgueira como un dos casos significativos de agresión a un ensino público de calidade, integrador, igualitario e quen de enfrontar as desigualdades sociais de orixe.

Neste senso cómpre lembrar a realidade dun centro escolar que ten un 30% de alumnado de etnia xitana e un 11% de poboación inmigrantes e que requiren unha atención á diversidade de carácter fundamental. O 48% das familias que teñen a nenos e nenas escolarizados no centro atópanse en situación de exclusión social. Exemplo tamén do reparto inaceptable do alumnado con necesidades educativas especiais entre os centros públicos e os da concertada.

jueves, 30 de junio de 2011

Moción para rexeitar o proxecto de Lei da Familia

Á ALCALDÍA DO CONCELLO DE FERROL

Yolanda Díaz Pérez, Voceira do GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA, de conformidade co disposto no artigo 104 do Regulamento Orgánico do Concello de Ferrol, e co artigo 97.2 do vixente Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, presenta a seguinte Moción ao obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno ordinario e debatida no mesmo coa seguinte,

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Atópase en fase de tramitación parlamentar a coñecida como lei de apoio á familia e á convivencia de Galicia, texto legal que está a concitar un rexeitamento case unánime do movemento de mulleres e feminista do noso país.

A pretensión do Partido Popular é soster outra guerra cultural en relación cos dereitos das mulleres e para iso leva a aprobación parlamentar unha lei que o propio Consello Económico e Social non dubida en cualificar como regresiva, nun pronunciamento cuxa dureza non é doado atopar neste organismo.

O texto obxecto desta moción implica graves recortes nos dereitos das mulleres e supón asemade unha profunda regresión no plano ideolóxico, cando recupera unha retórica a prol da familia heterosexual e da maternidade como rol social vital das mulleres, o que é tanto como ditar a súa vida sexual.

Proxecto de lei que lonxe de achegar accións de apoio certo á convivencia, formula a recuperación do rol tradicional das mulleres para deste xeito aforrar recursos orzamentarios en materia de aplicación da lexislación sobre dependencia, así como nas escolas infantís, actividades extraescolares e comedores.

Proxecto de lei que aposta por unha tutela patriarcal que se agocha na terminoloxía da protección e abandona a linguaxe alternativa que considera o empoderamento e os dereitos das mulleres como as ferramentas de cambio social e igualdade, que constitúen os vieiros necesarios da nosa emancipación.

Esquerda Unida está a participar nas diferentes iniciativas e mobilizacións que na nosa sociedade se están a artellar para enfrontar e derrotar unha proposta integrista, a do PP no goberno da Xunta de Galicia, que renuncia a ler e construír a sociedade galega como sociedade de iguais: que non achega medidas que fornezan os servizos públicos en ensino ou dependencia; que descoida os dereitos en materia de saúde sexual e reprodutiva, a planificación familiar e o exercicio do dereito á interrupción voluntaria do embarazo segundo os supostao que hoxendía son legais; que acepta a tiranía dun mercado do traballo que sobreexplota ás mulleres, con taxas de desemprego e precariedade superiores ou con salarios inferiores aos dos homes a igual traballo, etc.

Xa que logo, o Grupo Municipal de EU formula a seguinte proposta de acordos ao Pleno do Concello de Ferrol:

1ª.- O Pleno do concello de Ferrol insta ao Parlamento Galego a rexeitar o proxecto de lei denominada lei de apoio á familia e á convivencia de Galicia.

Ferrol, 27 de xuño de 2011.

DENUNCIAMOS A POLÍTICA DE ACOSO AOS MEDIOS EN GALEGO QUE PRACTICA O GOBERNO FEIJÓO

ESQUERDA UNIDA LAMENTA O PECHE DO XORNAL GALICIA HOXE

Esquerda Unida quere expresar o seu pesar diante do peche do xornal Galicia Hoxe, ousada aventura nun país onde os seus gobernantes lonxe de coidar a lingua que nos explica como pobo adoitan soster unha sistemática de agresións contra a cidadanía e os colectivos que reclamamos a normalización lingüística.

O peche do Galicia Hoxe continúa o regueiro de vítimas da política lingüicida da Xunta, que vai cubrindo de cadavres de papel e dixitais a loita por normalizar nos medios de comunicación a presenza do galego, de A Nosa Terra á A Peneira, pasando por Vieiros.

A Xunta de Feijóo combina o peor da súas políticas: a de atacar todo o que supoña avances na normalización e uso da nosa lingua e doutra fai outro pequeno contributo ao incremento do paro, no que deixa a 19 traballadoras e traballadores. Son as sinerxias destrutivas da Xunta do PP.


Perdemos a bufarda de luz que supuñan tantos e tantos artigos críticos, a súa visión crítica co capitalismo que devora a nosa terra, a ollada altermundista que tiña acubillo no xornal, etc., perdemos todas e todos os que queremos vivir no noso país sen alienacións.

Perda tamén de pluralidade informativa que vai na liña de restauración do pensamento único – e cómpre salientar que estéril; perda que o PP alenta coas súas políticas de estrangulamento pola falla de recursos e axudas públicas aos medios que teiman en construír en galego unha visión crítica do noso país e do mundo.

Esquerda Unida expresa a súa solidariedade coa plantilla de traballadores que hoxe engrosan xa as listaxes do paro no noso país.