O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA DENUNCIA A PERDA QUE VAN SUFRIR AS POLÍTICAS DE APOIO Á LINGUA GALEGA LOGO DA CANCELACIÓN DA CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS DA XUNTA DE GALICIA TANTO EN FERROL COMO NO PAÍS
O Grupo Municipal de Esquerda Unida amosa o seu rexeitamento e pesar pola cancelación pola Xunta de Galicia da orde que estabelecía as bases para a concesións de subvencións aos concellos para desenvolver accións de promoción do uso da lingua galega.
Hoxe publícase no DOGA a mala nova ( publícase hoxe a Orde de 7 de setembro que cancela a de 4 de marzo ), o que supón privar ao noso concello das axudas que se viñan recibindo todos os anos, incluso no tempo de goberno de Manuel Fraga. O ataque dista de ser menor, poque a contía total das subvencións que se perden acadan unha contía inicial máxima de 420.000 euros.
Preguntámonos que vai facer o Goberno Municipal para enfrontar esta nova agresión, porque queremos confiar en que o Goberno Municipal vai reaccionar de inmediato na defensa duns fondos necesarios; e xa adiantamos que formularemos en comisión e Pleno a demanda de que se reclame unha rectificación por parte da Consellaría de Educación, asemade de que de xeito subsidiario o Goberno Municipal asuma sufragar a partida deste exercicio, que se pedira dende o Departamento de Normalización Lingüística do noso concello.
O exercicio pasado este concello recibiu para o mantemento do servizo lingüístico 11.016,65 euros, cantidade que non semella desorbitada, se acaso pequena, e que por suposto este concello ten a capacidade de atender. Agora ben, nós reclamamos unha reclamación belixerante para que a Xunta rectifique.
Semella intolerable a dinámica de agresións e recortes coas que a Consellaría de Educación vai inaugurar o curso escolar, ataques que se estenden dende o menoscabo do carácter público ate o pulo ás políticas que alentan o uso da lingua oficial de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario