viernes, 13 de mayo de 2011

Entrevista para "El País"

"El País" - Viernes, 13/5/2011

Pergunta. É a única muller candidata. Hai machismo na política?

Moitísimo. O sistema político bótanos para atrás. A sociedade é patriarcal e as mulleres estamos cosificadas. A vida municipal cambiaría se fose dirixida por mulleres.


Pergunta. Oito anos como edil, que aprendeu?

Hai que loitar moito para conseguir cousas pequenas e que esixen un enorme sacrificio da vida persoal.

Pergunta. Din que Ferrol é a cidade máis ingobernable de Galicia.

Non o é. Hai moitos problemas sociais, paro e tristeza. Cunha oportunidade, non seriamos así.

Pergunta. Dixo que fará o posible para que a dereita non goberne.

Mantéñoo e vou traballar para que iso non ocorra. O PP nunca vai gobernar en Ferrol cos nosos votos ou coa nosa abstención. Xamais.

Pergunta. E se iso pasa por reeditar o pacto errado do 2007 co PSdeG?

Non depende de nós. O PSOE botounos e non imos mirar atrás. Garantiremos a gobernabilidade.


Pergunta. Casa ou piso? Propio ou hipotecado?

Unha casa con hipoteca de 431 euros ao mes. E como coche teño un Polo.

Pergunta. Quen é o amo da súa casa?

A miña parella cociña e eu paso o ferro todas as súas camisas, e é un home moi grande (ri). Os dous limpamos e ninguén máis nos axuda.

Pergunta. O seu primeiro día de colexio.

Con tres anos, nun parvulario público de San Valentín.

Pergunta. Que quería ser de maior?

Filóloga. Fixen Dereito e cando deixe a política, quero estudar Filosofía.

Pergunta. Estivo no paro?

Si. Funme de casa con 22 anos. Fixen a carreira traballando e se o que é o paro. Puxen copas en Santiago, fixen fotocopias e limpei casas.


Pergunta. Diga de si mesma unha virtude e un defecto político.

Son moi obstinada. Algúns din que tamén é unha virtude.


Pergunta. Que obra gustaríalle ver acabada?

A praza de España. Oxalá puidese volver o tempo atrás. Quitariamos ao ditador sen emprender xamais esa obra.


Pergunta. A que lle subiría os impostos?

Ás rendas altas. Non é decente que as SICAV tributen ao 1% e o resto das sociedades ao 30%.

Pergunta. Que lle falta a Ferrol?

Traballo, comunicacións e xente nova. Agora non temos futuro.

Pergunta. Non pode vivir sen...

Os meus libros, a miña familia e os meus amigos, especialmente o meu compañeiro.

Pergunta. Galego ou castelán?

De todo, depende.

No hay comentarios:

Publicar un comentario