jueves, 12 de mayo de 2011

Proposta dun Museo Obreiro

Á sombra dos estaleiros da ría ferrolá callouse unha revolución silenciosa a base de panfletos caseiros e clandestinos que sacudiu os cimentos da ditadura nos últimos anos do franquismo.

Por ise motivo Esquerda Unida, proponse reunir e documentar este patrimonio.
"Xunto ao Ferrol da Ilustración nacía, en Esteiro, o Ferrol obreiro. Esa parte da historia ninguén a contou".
O programa de Esquerda Unida,compromete a creación dun museo para a cidade obreira,nas dependencias do antigo hospicio, un edificio de 1770 a medio rehabilitar na céntrica praza de Amboage. Compilar ferramentas, fotos, actas, convenios colectivos e exemplares da prensa obreira clandestina do século pasado. Ademais, de reunir o patrimonio inmaterial do dialecto bazanero, a xerga específica dos estaleiros, xunto a usos e costumes dos operarios que se han ir diluíndo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario