miércoles, 11 de mayo de 2011

Yolanda resposta

Yolanda Díaz
Encontro dixital,entrevista realizada polos lectores do xornal LaVoz de Galicia a Yolanda Díaz.Candidata de EU a la alcaldía de Ferrol 

PREG. Como va apoyar al pequeño y mediano comercio cuando apoyó el PERI del Sánchez Aguilera,que lo unico que busca es la especulación y ubicación en la ciudad de una gran firma comercial (Corte Inglés)
RESP. "Penso que estás errado¡. O PERI é un Plan necesario para a nosa cidade e grazas ás achegas de Esquerda Unida , por primeira vez , contaremos cun parque urbano na nosa cidade de 14.000 metros cuadrados, así como diversas dotacións de carácter público, entre outras a residencia universitaria ou os Xulgados. É un grande erro oporse ao PERI Sánchez de Aguilera "


 PREG. EU sempre presume de ser o verdadeiro partido de esquerdas. Pero fan mítines en Hoteis de 5 estrelas, moitos visten roupa non especialmente barata, de diseñadores de cadeas multinacionais. Non é isto un pouco contraditorio?
RESP."Que eu saiba na nosa cidade non hai nigún hotel de cinco estrelas na nosa cidade. Por outra banda somos os únicos que non facemos mítines en hoteis e fumos pioneiros en levar os mítines ás rúas . Respecto da roupa que empregue cada quen, non me vou meter niso. A chaqueta que levo é de ZARA , igual que a camiseta. "


PREG. Sempre di que non facilitarán un goberno de dereitas, ¿Estarían dispostos, se se dese o caso a apoiar un goberno en minoría do PSOE na cidade quedando EU na oposición como na actualidade?
RESP. "Esquerda Unida preséntase a estas eleccións para conseguir a alcaldía , pero temos un compromiso único e firme de non permitir que goberne o PP, nin moito menos que o señor Rey Varela sexa o alcalde. O señor Rey Varela é coñecido nesta cidade pola nefasta xestión económica no mandato de Juncal e entre outras a desfeita dos tuneis sitos no soto da Praza de España ."

Premer para leer o resto da entrevista

PREG. De antemano, con que partido EU nunca podría alcanzar un acuerdo para gobernar?RESP. "Con ningún partido de dereitas e, por suposto na nosa cidade tampouco con Juan Fernández, representa, tamén á dereita ."


PREG. ¿Peatonalizaria el centro de Ferrol?
PREG. "Como adianta hoxe a Voz de Galicia , esquerda Unida defende á peonalización completa do barrio da Magdalena , semellante a outras cidades de Galicia, para favorecer a calidade de vida nese barrio e mesmo potenciar ó comercio local . Obviamente cunha proposta rigurosa de aparcadoiros para residentes ."


PREG. Qué balance fas dos catro anos de goberno socialista.Ventaxas e inconvintes. Por qué non se realizou aparcamento plaza de armas, recimil e suficinte con unha man de pintura. Plaza de España, de acordo coa solución dada. Sartaña, hai que pagar o rescate da concesión. Muro do arsenal. Qué balance fas das dotacions conqueridas: centros dia. garderias, chan industrial......
RESP. "Entendo que fas unha enmenda á totalidade. Creo que botarnos do goberno foi un erro, xa que os cambios que se percibiron na cidade foi o traballo realizado por EU; velaí unha nova forma de facer política, con democracia participativa, unha revolución cultural en toda a cidade, resituándonos no noso país, unha empresa municipal de turismo para diversificar a economía ou mesmo políticas feministas que se evidencian na casa da muller . Por certo, nada máis botarnos do goberno municipal , desapareceu a concellería de participación cidadá "


PREG. Buenos días Yolanda, desde Santiago de Compostela quisiera preguntarse ¿si no crees que si en este momento no sube IU, no va a subir nunca al menos en Galicia?
RESP. "Penso que EU está no bo camiño, por primeira vez , dende hai moito tempo, imos a entrar en Santiago de Compostela . Son os tempos de políticas de esquerdas, de defensa dos de abaixo , dos e das traballadoras. EU representa á cidadanía frente aos grandes partidos que defenden ós mercados. estou certa que melloraremos "


PREG. Sra. Díaz: ¿Cree Usted qué es de izquierdas el dar grandes cantidades de dinero público y sin control alguno de gastos, para que la ultraderecha local organice ese penoso espectáculo de procesiones en una ciudad a la que pretenden hacer pasar por la de la Ilustración, la de las luces, la de la Razón....? Gracias.
RESP. "Respeto ás persoas que sean creentes, mais penso que as administracións e a igrexa teñen que estar separados , e dende logo non dar cartos públicos para este tipo de actos que, repito, deben ser sufragados cos múltiples recursos que a igrexa tén. Diferente é que se emprendan políticas no eido turístico . e aproveito para dicir que non compartimos que políticos e políticas desta cidade de xeito incoherente presidan as procesións . EU nunca asiste nin asistiu a estos actos litúrxicos ."

PREG. Quedou demostrado que vostede non se pode entender con Irisarri. No caso de que a situación se repita ¿voltarían a formar goberno co PSOE?
RESP. "Non comparto o que dís . Eu non tiven ningún problema persoal con Vicente Irisarri, foi o alcalde desta cidade , quen o día 28 de outubro do 2008, decidiu botar a esquerda unida do goberno, cometendo un grave erro. Estou certa que reflexionou, sobre todo porque como dicía unha persona antes, dende entón amosaron a incapacidade para xestionar e sacar os proxectos adiante. Repito EU quere chegar á alcaldía, ter a forza democrática suficiente para levar adiante o noso modelo de cidade . Así e todo , non debemos personalizar a política e penso que todos e todas aprendimos moito do sucedido no anterior mandato"


PREG. As suas principais propostas son arranxar a costa de Mella, facer un museo de Ferrol, descentralizar a administración local, rehabilitación de Recimil... Todo isto conleva un gran gasto público. Realmente pensa que estas medidas son as necesarias para sacar a Ferrol da crise onde se atopa?
"Ferrol precisa primeiro emprego . Obvio é que para iso a Xunta de Galicia e o Estado teñan que invertir na nosa cidade , a pesares de que o SR. Feijoo , de modo vergoñento nos digan que " carece de competencias  
RESP. ". As propostas que ti citas creo que cambiarían sustancialmente a face da nosa cidade e suporían unha grande inversión pública e eso é xusto o que precisamos en tempos de crisis. É dicir levar adiante políticas anticíclicas e máis que nunca dende as admisnitracións temos que invertir no gasto público, xusto o contrario do que está a facer o goberno central ( reduciu o gasto público ) e o goberno da Xunta . Ademáis necesitamos infraestructuras sociais ( aínda que sexan caras ) para atender as necesidades da cidadanía de Ferrol. É un gran programa "


PREG. Vostede ten eloxiado moitas veces ao candidato do PP, José Manuel Rey. Como é posible que vostede prefira que goberne Irisarri se é evidente que se leva mal con el, romperon e foi un alcalde nefasto? Por que non deixa gobernar ao PP se é o máis votado e fai unha oposición forte desde a súa perspectiva? O único que eu podo pensar é que vostede soamente quere un soldo, como demostrou ao inicio da lexislatura...e eso non é moi de esquerdas. Burguesía a costa do erario publico...
RESP. "Endexamais eloxiei o Sr. Rey. É o noso adversario político , dixen que era traballador ( como tanta outra xente ). No político non so non o eloxiei senón que somos os que máis nos enfrentamos a el ( supoño verías o debate da galega ) . nunca permitiremos que goberne o PP e por outra parte, o Sr. Rey xa gobernou na nosa cidade co Sr. Juncal e lembremos que aquelo foi un desastre ( Praza de Sartaña, Menáncaro, Praza de España , etc ... ) O Sr Rey non é novo , políticamente, na nosa cidade"


PREG. Como cidadán síntome estafado cando os políticos falades-díscutides dos cartos que gañades e non dos problemas que nos afectan á cidadanía. Que lle parece esta campaña?
RESP. "Eu tamén. IU todas as lexislaturas presenta unha proposición para regular as retribucións que deben percibir os políticos e políticas e o PP - PSOE sempre votan en contra. A campaña está a ser vergoñenta. Con todo alégrome que o BNG rectificara as súas declaracións sobre o que eu percibía cando era teniente alcalde . Supoño saberás que eu percibía 1.600 euros ao mes . Agradezo a rectificación do BNG na que afirmaba que eu percibía 5.000 euros ao mes . Podes velo no xornal que publicou a rectificación . Na campaña hai que realizar propostas e nesta , menos de propostas, se fala de todo. O PP fala de austeridade con tres locais de campaña e un dispendio bochornoso de medios que terán que xustificar ante á cidadanía ."


PREG. Dado el desmantelamiento del estado del bienestar que está llevando a cabo el PSOE a instancias del FMI (con la reforma laboral como plato estrella), ¿no sería conveniente ampliar el compromiso de no pactar con esta fuerza últimamente tan progresista?
RESP. "O PSOE está de rodilllas diante dos poderosos e aplicando o programa oculto do PP e da FAES. É indecente o que están a facer: reforma laboral , reforma de pensións , baixada do 5% nos salarios públicos, conxelación de pensións, desaparación do Ministerio de igualdade , entre outras . Creo que son os tempos da esquerda e iso é EU . Animo a que apoiedes a esta organización para encher de votos indignados e rebeldes as urnas o vindeiro día 22 de maio . Precisamos forza democrática para mudar a realidade, sen precisar de ninguha outra organización ."


PREG. ¿Que nos puede contar sobre el futuro de Ferrol Vello y el puerto?
RESP. "O futuro de Ferrol Vello pasa pola súa rehabilitación e reurbanización, así como emprender a reforma da casa de Carvalho Calero e adicala a usos culturais , mesmo rehabilitar a Fábrica de Lápices . No que atinxe ao Porto e a defensa da Ría, seguimos a loitar para botar a planta de gas do interior da Ría de Ferrol, así como o Porto Carboeiro . Finalmente, si a chegada do tren ao porto exterior vai a ser como propón o PSOE imos a opoñernos, xa que suporía o recheo de 1.000.000 de metros cuadrados e , polo tanto a morte da nosa Ría."


PREG. Usted respetara la decision de la ciudadania y dejara que gobierne la lista mas votada?
RESP. "Eu respetarei a decisión democrática da cidadanía . Polo tanto si a cidadanía decide que debe gobernar a esquerda de xeito plural , así o respetaremos . Un invento do PP que xa lle deu malos resultados. A política é a arte da correlación de forzas, da negociación e o pacto permanente . O outro non é real ."


PREG. ¿Que planes tiene Vd. a corto plazo realizar en Cobas
RESP. "En primeiro lugar a renegociación do convenio de defensa para conquerir que Monteventoso sexa cedido con carácter gratuito á cidade de Ferrol, en segundo lugar , un proceso de rehabilitación das baterías, ubicando unha experiencia de granxa-escola, emprendendo políticas cooperativas . A poboación de Cobas, o 68% é maior de 65 anos, polo que precisa dun centro de DIA . A modo de resumo, fundamental , a ubicación de minidepuradoras para emprender o alcantarillado ."


PREG. pactarias con el pp
RESP. "Non."


PREG. En caso de no ser la lista mas votada de la ciudad, usted volveria a pactar con el PSOE para gobernar Ferrol, ¿Que diferencia va a tener este nuevo pacto con elq ue rompieron en la anterior legislatura?
RESP. "EU non rompeu o pacto, o Alcalde botounos do goberno, decretou o noso cese. Con todo , xa dixen antes que estou certa que se arrepentiu do feito e , por suposto todas e todos aprendimos desa experiencia traumática. Aproveito para dicir que o noso acordo non era un bipartito ( afortunadamente ) e a relación entre todas e todos foi boa, de entendemento entre o PSOE e EU. Creo que o alcalde errou pensando que podía gobernar sen nós. De feito as políticas que máis cambiaron Ferrol foron as levadas adiante dende as nosas concellerías, como se tén recoñecido ."


PREG. Bos días! Eu teño unha dubida, gustaríame saber que faria vostede por Santa Mariña? un barrio que esta moi preto do centro pero tamén moi deteriorado... na miña calle nin temos aceras!! é estamos ao lado do Cuartel da Garda Civil. por certo, cal cre que é o mellor emplazamento para dito cuartel?
RESP. "Nos vindeiros días iremos a dar o mitin que onte non foi posible por coincidir con outra organización política . O primeiro que precisa Santa Mariña é eliminar a subestación de electricidade de alí, polo impacto ambiental e na sáúde que produce . Respecto do Cuartel da Guardia Civil defendemos un espazo novo, o actual se atopa en moi mala situación. É necesario unir o barrio de Santa Mariña co Ensanche , co retranqueo da estación de Ferrocarril e , por suposto , reurbanizar prácticamente todas as rúas ( están moi mal ) , así como obras de mantemento, podas de árbores, etc. Igual que desenvolver o Plan de Santa Mariña ."

Fin del encuentro
"Grazas a La Voz de Galicia por permitirme estar xunto con vós, foi un pracer¡ Ánimo e axudádenos a encher as urnas o día 22 de votos rebeldes , de votos cívicos e honestos. Saúde "

No hay comentarios:

Publicar un comentario