Proposta en materia de xustiza. Consiste en dotar á cidade dunha sección da Audiencia Provincial e dun xulgado de Familia, que non existe. Ambas as peticións foron aprobadas en xaneiro polo pleno da corporación ferrolá e Esquerda Unida decidiu incorporalas ao seu programa electoral porque as considera «esenciais» para Ferrol. Porque «habería máis celeridade» na administración de xustiza e porque se abaratarían os custos» para os cidadáns, que xa non terían que desprazarse á Coruña para recibir xustiza na Audiencia, tal como subliñou a candidata á alcaldía. Tamén suporía a creación de postos de traballo.
A proposta conta co respaldo dos profesionais dos xulgados e coa dos sindicatos.
(O PP incumpriu os seus compromisos en materia de novos xulgados para Ferrol)
No hay comentarios:
Publicar un comentario